miércoles, 11 de abril de 2018

RECONQUISTIÑA 2018




Os nosos alumnos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de participar na IV edición da Reconquistiña de Vigo. Acompañados por profesores, familiares e membros da Asociación Cultural do Casco Vello, desfilaron ao son de redobres de tambores polas rúas do casco vello da cidade. 

Vestidos para a ocasión, de vigueses ou de franceses, os nenos rememoraron un acontecemento histórico que viviu a nosa cidade. Cantamos, bailamos, gozamos da música tradicional galega e, para repoñer forzas, fomos agasallados cunha chocolatada. Foi sen dúbida unha gran xornada para grandes e pequenos, que xa estamos á espera de repetir na súa v edición.

 Grazas a todos!









No hay comentarios:

Publicar un comentario